Gómez, Lupe

Salón de Té / Lupe Gómez - 1ªed. xuño 2023 - Vigo : Xerais , 2023 - 129 p. ; 22 cm - Poesía ; 88 .

Este delicioso té é unha senda líquida que nos une tanto como os terremotos profundos. En cada grolo flúen o asombro e a calma, no máis ínfimo agroma a inmensidade.

Unha garza elegante chamada Lupe convídanos a tomar o té no seu chanoyu poético. O ritual é inmutable, a auga quente infusiona as follas mentres lemos cartas antigas e sentimos a levidade das montañas. Aniñan bubelas nas pastas de améndoa. Lupe le versos de Salón de Té e as paisaxes latexan nas cuncas de delicada porcelana. Nesta cerimonia, a beberaxe deliciosa é unha senda líquida que nos une tanto como os terremotos profundos. En cada grolo flúen o asombroso e a calma, no máis ínfimo agroma a inmensidade.

1º-2º BAC

9788411103657

2015

Coa tecnoloxía Koha