A praia dos afogados / Domingo Villar
por Villar, Domingo.
Tipo: LibroSeries: Literaria ;273.Editor: Vigo :Galaxia ,2014 Edición: 1ª, 6ª impr.Descrición: 504 p. ;21cm.ISBN: 9788498651805.Materia(s): A praia dos afogados | MisterioTipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES David Buján Sala préstamo | 821-G VIL pra | 1 | Dispoñible | CED032000016646 |
|
||
Prestable | IES David Buján Sala préstamo | 821-G VIL pra | 1 | Dispoñible | CED032000016629 |
|
||
Prestable | IES David Buján Sala préstamo | 821-G VIL pra | 1 | Dispoñible | CED032000016630 |
|
||
Prestable | IES David Buján Sala préstamo | 821-G VIL pra | 1 | Dispoñible | CED032000016631 |
|
Finalista do International Dagger Prize 2011. Libro do Ano nos Premios Irmandade do Libro 2009. Premio Losada Diéguez de Creación Literaria. Premio Brigada 21 de novela negra.
SINOPSE: A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.
CRÍTICA: Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.
O AUTOR: Domingo Villar (Vigo, 1971) vive en Madrid, onde traballou como guionista de cinema e de televisión. Coa súa primeira novela, Ollos de auga (2006, 6ª edición no 2009), obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento (concedido por alumnos e alumnas lectores de toda Galicia) e, coa súa tradución para o castelán (Editorial Siruela), os premios Sintagma e Brigada 21. Tamén foi finalista en dúas categorías dos Crime Thriller Awards en Gran Bretaña. Publicada en doce países, a primeira novela protagonizada polo inspector Leo Caldas é un dos libros máis vendidos entre os lectores e lectoras galegos
Narrativa galega actual. A praia dos afogados