Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Insubmisión ambigua : Voces e relatos alén da monosexualidade / Ánxela Lema París; Ana M. Amigo-Ventureira

por Lema París, Ánxela [autor/a]; Lema París, Ánxela [coordinador/a]; Amigo Ventrureira, Ana M [coordinador/a].
Tipo: MonografíaEditor: Vigo : Xerais , 2025 Edición: 1ª ed.Descrición: 189 ; 22 cm.ISBN: 9788411106153.Materia(s): igualdade | xénero | patriarcadoRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Benvide a esta sorte de asemblea-aquelarre de corte libertario. Aquí estamos es ambigües, fluídes, indecises, reivindicándonos cómplices do que escape dun esencialismo que precisa que nos identifiquemos con respecto a un único xénero (definido, ademais, baixo uns parámetros moi concretos) polo que sintamos atracción sexual e/ou romántica. Se a fluidez ou a ambigüidade se senten como ameaza en tantos espazos débese, en gran medida, a romperen cos binarismos. A incapacidade de poder situarnos nun sitio ou noutro, de sabernos en continuo movemento, incomoda. O cisheteropatriarcado quérenos ordenades, predicibles e ben definides. Por iso, nós reivindicámonos ambigües, confuses, inestables, indóciles, desobedientes e problemátiques, porque se iso molesta débese, xustamente, a que fai cambalear todos os sistemas: o cisheterosexual, o monosexual e o monógamo. Aí encóntrase, baixo o noso punto de vista, a verdadeira revolución. Tratando cuestións tan porosas, facíanos falta un enfoque colectivo, porque xuntes somos máis fortes, crecemos e creamos mellor. Aquí poderás encontrar textos de persoas que, tal como fixeron no seu momento quen representaron o fenómeno da insubmisión, se negan cada día a se incorporar a filas, pero tamén a declarar obxección de conciencia. Así, este libro-aquelarre ofrécenos desde textos máis biográficos e políticos, até textos máis literarios que contribúen á creación dun imaxinario artístico e literario non-monosexual, falamos desde e para a periferia, tamén territorial e lingüística.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES David Buján
Sala profesorado
316-F LEM ins Dispoñible CED032000020516

Benvide a esta sorte de asemblea-aquelarre de corte libertario. Aquí estamos es ambigües, fluídes, indecises, reivindicándonos cómplices do que escape dun esencialismo que precisa que nos identifiquemos con respecto a un único xénero (definido, ademais, baixo uns parámetros moi concretos) polo que sintamos atracción sexual e/ou romántica. Se a fluidez ou a ambigüidade se senten como ameaza en tantos espazos débese, en gran medida, a romperen cos binarismos. A incapacidade de poder situarnos nun sitio ou noutro, de sabernos en continuo movemento, incomoda. O cisheteropatriarcado quérenos ordenades, predicibles e ben definides. Por iso, nós reivindicámonos ambigües, confuses, inestables, indóciles, desobedientes e problemátiques, porque se iso molesta débese, xustamente, a que fai cambalear todos os sistemas: o cisheterosexual, o monosexual e o monógamo. Aí encóntrase, baixo o noso punto de vista, a verdadeira revolución. Tratando cuestións tan porosas, facíanos falta un enfoque colectivo, porque xuntes somos máis fortes, crecemos e creamos mellor. Aquí poderás encontrar textos de persoas que, tal como fixeron no seu momento quen representaron o fenómeno da insubmisión, se negan cada día a se incorporar a filas, pero tamén a declarar obxección de conciencia. Así, este libro-aquelarre ofrécenos desde textos máis biográficos e políticos, até textos máis literarios que contribúen á creación dun imaxinario artístico e literario non-monosexual, falamos desde e para a periferia, tamén territorial e lingüística.

Coa tecnoloxía Koha